Skip to Navigation

8 de xuño, Vigo. Manifestación contra a Reforma Laboral

 
A CGT máis a CUT convocan unitariamente unha MANIFESTACIÓN que co lema de “CONTRA A REFORMA LABORAL, LOITA SINDICAL E SOCIAL” , terá lugar en Vigo, o vindeiro xoves, día 8 de xuño, ás 20:30 horas, e con saída desde o cruce de Urzáiz e Vía Norte, rematará na Pta do Sol.
CGT-Vigo


O principal motivo desta manifestación e expresar a nosa oposición a unha reforma laboral que abonda aínda máis nos principais puntos das anteriores, e que polo tanto, e previsiblemente, será tamén un novo fracaso para frear precariedade laboral e as súas funestas consecuencias de sinistralidade.

Unha vez máis o abaratamento do despido, bandeira principal da patronal, logra un importante avance o, na práctica, universalizar o contrato de fomento de emprego, coa súa característica de reducir a 33 días por ano traballado a indemnización por despido por causas obxectivas, esa é a estabilidade que nos prometen.

Os empresarios enchen aínda máis as súas bolsas o conseguir incrementar as reduccións nas cotizacións sociais por unha banda, e incrementar as subvencións as contratacións en cantidade e en duración,por outra, todo esto, claro está, en detrimento do patrimonio de todos que é o Erario Público.

A patronal consigue un obxectivo máis, como é a eliminación da sobrecota coa que se viñan gravando ás ETT’s, co cal é de esperar un progresivo aumento da contratación por esta vía, co que conleva de falta de dereitos e precariedade.

A subcontratación, unha das maiores problemáticas laborais actuais xa que as empresas pretenden eludir así case todas as súas obrigas, só queda suxeita a un leve control, o ter que ser rexistradas nun libro de rexistro se comparten un mesmo centro de traballo a empresa principal e a subcontratada ; así como mellora algún dereito sobre información sindical do Comité da empresa principal se a subcontrata no tivera representación sindical.

Si que se mellora claramente en algo, as prestacións en caso de perda do emprego, aumento do suposto de cobro do subsidio do desemprego para os maiores de 45 anos sen cargas familiares, e as prestacións do FOGASA, en caso de que os empresarios non se fagan cargo das súas obrigas salariais e indemnizatorias, que tamén aumentan as cantidades a percibir.

Como se ve unha nova e grande agresión a clase traballadora, unha nova traición sindical dos sindicatos institucionais, unha nova pasadora na torca que ven a empeorar os nosos dereitos e condicións laborais, un novo saqueo das arcas públicas para o único beneficio privado, un avance máis das políticas chamadas neoliberais que non son máis que o avance do capitalismo máis puro e duro.

Fronte a esta situación, a CGT e a CUT, chaman aos traballadores a rebelarse contra este acordo, a manifestar a súa desconformidade, a loitar en tódolos eidos, laborais e sociais, contra esta Reforma Laboral, a superar onde se poida os límites aquí definidos, e a rachar ese suposto espírito conformista que parece atenazar a esta sociedade.

Por todas estas razóns chamamos a participar na manifestación contra a reforma laboral do vindeiro xoves 8 de xuño.

Nike Blazer High