Skip to Navigation

A CGT, que convocou unha Folga Xeral Feminista de 24 horas este 8 de marzo, informa

 

A situación xeral de seguemento na provincia da Coruña é satisfactorio, tendo en conta que a CGT non é un sindicato maioritario e a difusión do seu mensaxe estivo moi limitado. A pesar disto, informamos de que o paro é un éxito no sector de telemárquetin, cos seguintes datos concretos naquelas empesas e sectores onde a CGT ten implantación:

CGT-A Coruña


· Extel (A Coruña): 80% de seguemento

· Atento (A Coruña): 40% de seguemento

· Abante (Lugo): 70% de seguemento

En Correos da provincia da Coruña, o seguemento foi notable, chegando ata o 20%. Nesta empresa, a CGT conseguíu paralizar o intento da dirección de organizar a esquirolaxe interno obrigando a non folguistas a facer o traballo do persoal en folga. Tras unha hora de loita, a empresa retirou dita pretensión.

En Adif establecéronse servizos mínimos abusivos, o que provocou que prácticamente todo o persoal teña a obriga de traballar. O mesmo pasa en Renfe, cun 75% de servizos mínimos.

En Navantia (Ferrol) estímase o paro nun 15%, ao igual que nos servizos administrativos da Xunta de Galicia.

En xeral, a CGT da Coruña considera satisfactorio o seguemento da folga e ten que denunciar o seguinte:

· A imposición de servizos mínimos abusivos, superiores aos doutras xornadas de folga, a pesar das reiteradas sentenzas que, en ocasión anteriores, declararon a ilegalidade destes servizos. Esta imposición, tanto en Renfe como en Adif, imposibilita o exercicio real do dereito á Folga.

· A presión que están sufrindo moitas traballadoras, ás que se lles aplican servizos mínimos inexistentes, como no caso do persoal da limpeza de oficinas, avións e zona VIP no aeroporto de Alvedro.

A CGT da Coruña fai un chamamento á participación masiva na manifestación que sairá do Obelisco da Coruña ás 19:30 horas.

A Coruña, 08 de marzo de 2019

Comentarios

Los comentarios anónimos están moderados, por lo que no se garantiza su publicación, sólo los usuarios registrados podrán comentar sin moderación.
La redacción del Rojo y Negro no se hace responsable de los comentarios vertidos, al tiempo que se reserva la eliminación de los comentarios de carácter sexista, racista, autoritario, o arbitrariamente insultantes hace personas concretas, así como el bloqueo del usuario que de forma reiterada no respete estos límites.

Enviar un comentario nuevo

El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta se hace para comprobar que es usted una persona real e impedir el envío automatizado de mensajes basura.
CAPTCHA de imagen
Enter the characters shown in the image.