O Secretariado Permanante da CGT de Galicia, ante a crise sanitaria provocada polo coronavirus COVID C-19, quere manifestar á clase obreira e ao conxunto da opinión pública o seguinte:

a) As empresas teñen a obriga de velar polas condicións sanitarias nas que os seus cadros de persoal realizan as súas tarefas, independentemente das instrucións concretas que podan emanar dos poderes públicos. Para a CGT, a aplicación destas medidas non poden supoñer ningunha merma nos dereitos laborais e retributivos dos traballadores e traballadoras.

a) As empresas teñen a obriga de velar polas condicións sanitarias nas que os seus cadros de persoal realizan as súas tarefas, independentemente das instrucións concretas que podan emanar dos poderes públicos. Para a CGT, a aplicación destas medidas non poden supoñer ningunha merma nos dereitos laborais e retributivos dos traballadores e traballadoras.

b) Estanse detectando numerosas empresas (incluso públicas) nas que as medidas son insuficientes e mesmo inexistentes. Cuestións tan básicas como o establecemento da distancia de seguridade, ou a de extremar as medidas en centros de traballo onde xa se produciron casos de contaxio son inexistentes nalgunhas empresas de telemárquetin, de talleres de confección, empresas con producción en cadea ou en Correos. A CGT esixe o establecemento inmediato de medidas de protección.

c) Nesta situación é absolutamente lexítima a aplicación, por parte da representación laboral, do artigo 21 da Lei de Prevención de Riscos Laborais, no que se establece a paralización da produción ao non cumprirse a recomendacións e esixencias en materia de saúde laboral establecidas polos gobernos central e da Xunta de Galicia.

d) No caso de aplicacións de ERTES, a CGT valora positivamente o aprobado hoxe polo Consello de Ministros, no sentido de que teñan dereito a prestación incluso os que non teñan cotizado abondo e que non se consuman os períodos de desemprego, pero defende que se deben garantir as retribucións totais do persoal afectado, e non só a prestación por desemprego.

e) A CGT rexeita que situacións eventuais que se poidan producir nas relacións laborais (por exemplo, o traballo no domicilio) se poidan consolidar como definitivas e, polo tanto, estas situacións deben rematar en canto finalice a crise sanitaria.

f) Estanse detectando numerosas situacións de abusos por parte das empresas, que aproveitan a situación para forzar excedencias e vacacións aparentemente voluntarias, beneficiándose da situación de necesidade de moitos traballadores e traballadoras que teñen que permanecer nos seus domicilios por coidado de menores ou maiores ao seu cargo. A CGT denunciará ditos abusos, xa que considera que estas situacións deben ser obxecto de negociación colectiva, evitando pacto individual derivado da debilidade dos traballadores.

g) A CGT de Galicia reclama que os traballadores e traballadoras do réxime de autónomos, que non teñan empregados, sexan exonerados da cotización mentres dure a crise sanitaria.

A CGT de Galicia fai un chamamento para que se denuncien fetos abusivos por parte das empresas e para que se faga fronte firmemente á inacción de estas. A saúde vainos nisto a todos e todas!

A Coruña, 17 de marzo de 2020

Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)


Fuente: Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)