Skip to Navigation

Telefónica destrúe emprego

 

Nun entorno de crise e paro sen precedentes, Telefónica, a empresa española que obtivo maiores beneficios en 2010, emprende unha importante destrución de emprego na súa filial española de telefonía fixa. Tras o anuncio da eliminación de cargos na súa estrutura, iniciou unha marea de despedimentos “pactados” de persoal fóra de convenio –ata un 6% de directivos e mandos intermedios.

CGT Galicia


Despidos por absentismo xustificado* e disciplinarios completan esta primeira fase que pretende atemorizar ao cadro de persoal e preparar o ERE anunciado por Guillermo Ansaldo en diversas provincias.

Esta situación, que para a Confederación Xeral do Traballo é un atentado contra o emprego digno e ameaza con destruír miles de postos de traballo, provocou a convocatoria dunha folga indefinida de media xornada pola readmisión das persoas despedidas e na defensa do noso emprego. Hoxe, 7 de abril, se realizará a segunda xornada de paro, tras o paréntese das
eleccións sindicais na empresa. Esta mobilización, iniciada o pasado 17 de marzo e que contou coa participación de 5000 persoas, foi convocada simultaneamente polos sindicatos CGT, STC e AST-COBAS que suman 5 dos 13 delegados do Comité Intercentros.

Dende o sindicato CGT entendemos que en momentos de crise son as
grandes empresas, especialmente as que foron públicas, quen deben xerar emprego de calidade, en troques de destruílo por calquera vía e seguir externalizando actividade a terceiros países ou a subcontratas con altos niveis de precariedade laboral.

Saúde e liberdade

* As cartas de despido por esta causa inclúen a seguinte legal, pero moi inmoral, frase:
“…sus reiteradas ausencias, aun justificadas… hacen que… no resulte
rentable… por lo que no existe otra solución que… resolver su contrato
de trabajo”.

Air Max 90 Classic

Comentarios

Los comentarios anónimos están moderados, por lo que no se garantiza su publicación, sólo los usuarios registrados podrán comentar sin moderación.
La redacción del Rojo y Negro no se hace responsable de los comentarios vertidos, al tiempo que se reserva la eliminación de los comentarios de carácter sexista, racista, autoritario, o arbitrariamente insultantes hace personas concretas, así como el bloqueo del usuario que de forma reiterada no respete estos límites.

Enviar un comentario nuevo

El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta se hace para comprobar que es usted una persona real e impedir el envío automatizado de mensajes basura.
CAPTCHA de imagen
Enter the characters shown in the image.