Skip to Navigation

Reactivación de Navantia: Os traballadores non somos gando

 

Navantia leva tres semanas nas que, cuns 300 traballadores, o experimento de reinicio da actividade está sendo desastroso:

 

Sección Sindical Unitaria en Navantia-Ferrol


1) Non hai recursos económicos para garantir a reactivación, e isto redunda en escaseza de epis e nunha hixienización totalmente insuficiente. Ata tal punto que se “suxire” a reutilización das máscaras durante 5 días, o hidroxel desinfectante é escasísimo e as taquillas, duchas (a empresa cuestiona incluso a necesidade da súa limpeza entre usos) e aseos non se hixienizan axeitadamente. Isto último queren resolvelo xuntando ós traballadores en menos taquillas, no canto de reforzar o servizo de limpeza.

2) A desidia por parte da dirección é escandalosa:

Non está a impulsar a implantación do protocolo. Esta responsabilidade recae sobre xefes, encargados e traballadores, que fan o que boamente poden.

A inmensa maioría dos problemas identificados seguen sen resolverse. Cousas tan sinxelas, pero importantes, como as fontes de auga seguen clausuradas tres semanas despois de que o denunciásemos.

3) O clasismo da dirección cara ós traballadores, especialmente da IA, é inadmisible. Un exemplo: para a reorganización das taquillas xa decidiron que van abrilas e meter o contido das mesmas en bolsas que identificarán e trasladaran ás diferentes empresas auxiliares. No caso dos traballadores da principal están a pensar que facer porque saben que este comportamento pode xerar malestar.

Neste contexto, a dirección decideu meter ó 50% da plantilla ó longo da vindeira semana. ¿Poden ser máis irresponsables? Claro que poden. A pesar de que tanto a lei como os protocolos internos dan preferencia ó teletraballo fronte ó traballo presencial, a empresa chamou a moitos traballadores que estaban a teletraballar, a outros que poderían teletraballar pero que non o fixeron porque a empresa non lles proporcionou os medios e incluso a traballadores especialmente sensibles (TES).

Para as empresas, principal e auxiliares, nin sequera somos números. Os únicos números que coñecen, os que realmente lles importan, son os dos balances contables. Para eles somos unha masa á que explotar. Se un morre, outro o reemplaza, e problema resolto. Se isto pasa nunha empresa pública, ¿que non pasará nas privadas?

Obviamente, sabemos que hai unha presión para que se reinicie toda a actividade, tamén en Navantia. Presión que o goberno, lonxe de combater, está a alentar: prolongando os ERTES ou calando sobre os beneficios das empresas e sobre a necesidade de nacionalizar a economía.

A CGT en Navantia veu denunciando todo isto no noso boletín, en comunicados e nas reunións coa empresa nas que participamos. Por tanto:

1) Responsabilizamos á dirección de Navantia, ós empresarios da IA e a aqueles sindicatos que, por acción ou por omisión, avalen esta reactivación, por non facer nada e permitila.

2) Como demostra a historia do movemento obreiro, a única linguaxe que entenden as empresas é a da loita. O comité, que leva desaparecido dende o inicio da pandemia, ten que reunirse esta fin de semana de forma urxente e decidir que vai facer o luns. A proposta da CGT e que o comité ten que estar nas portas para cortar de raíz esta reactivación que non conta coas garantías necesarias.

Saúdos combativos e de clase,

Sección Sindical Unitaria en Navantia-Ferrol

Comentarios

Los comentarios anónimos están moderados, por lo que no se garantiza su publicación, sólo los usuarios registrados podrán comentar sin moderación.
La redacción del Rojo y Negro no se hace responsable de los comentarios vertidos, al tiempo que se reserva la eliminación de los comentarios de carácter sexista, racista, autoritario, o arbitrariamente insultantes hace personas concretas, así como el bloqueo del usuario que de forma reiterada no respete estos límites.

Enviar un comentario nuevo

El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta se hace para comprobar que es usted una persona real e impedir el envío automatizado de mensajes basura.
CAPTCHA de imagen
Enter the characters shown in the image.