Skip to Navigation

Novo paro 24 horas en Atento Coruña

 

O próximo luns 22 de abril

CGT Atento Coruña


O próximo luns 22 de abril as traballadoras e traballadores de Atento no centro de Coruña estamos chamados a unha folga de 24 horas. Con esta nova xornada de loita queremos lembrarlle a Atento que os acordos están para cumprilos, e que a prepotencia e o látego non son as ferramentas que precisamos para desenvolver o noso traballo con dignidade e eficacia. As principais reivindicacións da convocatoria son o cese dos despedimentos e das presións, que se impartan as formacións que precisamos para poder desenvolver o noso traballo e que se nos habilite o tempo necesario para terminar as xestións das chamadas e para poder respirar entre unha e outra.

Temos que aturar que un sistema de incentivos -nunca negociado e moi mellorable- se transforme unilateralmente en obxectivos de obrigado cumprimento (inalcanzables, modificados a antollo e empregados como arma de destrucción de emprego). E temos que loitar por ver recoñecidos dereitos de conciliación familiar en situacións que non son discutibles nin interpretables.

A empresa insiste en asoballarnos de xeito contumaz, obstinada en facernos perder terreo aos poucos en asuntos que, en apariencia "menores", moito nos custou ter recoñecidos: un mínimo de flexibilidade no control horario, unha organización xusta e racional das vacacións, libranzas e descansos, unha metodoloxía de traballo acorde co que supón estar moitas horas atendendo chamadas... Cada vez estamos máis afogadas con novas funcións, saíndo do paso pola nosa conta porque a formación non abonda nin se poñen recursos para mellorala; e esas novas tarefas asignadas non teñen un recoñecemento salarial (de categoría profesional, polo tanto).

Esta mes de abril lembramos tamén dúas efemérides: 142 despidos en 2013 e 17 despidos en 2015. En ambos conflitos, grazas á loita obreira e a mobilización conseguiuse a anulación de todos eles. O vindeiro luns 22 de abril será unha data máis na que lembrarlle a Atento que os acordos están para cumprilos, e que a prepotencia e o látego non son as ferramentas que precisamos para desenvolver o noso traballo con dignidade e eficacia.

A Coruña a 17 de abril de 2019

Salud

CGT Atento Coruña

Comentarios

Los comentarios anónimos están moderados, por lo que no se garantiza su publicación, sólo los usuarios registrados podrán comentar sin moderación.
La redacción del Rojo y Negro no se hace responsable de los comentarios vertidos, al tiempo que se reserva la eliminación de los comentarios de carácter sexista, racista, autoritario, o arbitrariamente insultantes hace personas concretas, así como el bloqueo del usuario que de forma reiterada no respete estos límites.

Enviar un comentario nuevo

El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta se hace para comprobar que es usted una persona real e impedir el envío automatizado de mensajes basura.
CAPTCHA de imagen
Enter the characters shown in the image.