Skip to Navigation

Concentración en defensa das pensións

 

O sábado, 13 de abril, ás 12:30 horas, no Obelisco da Coruña, está convocada unha nova mobilización en defensa do sistema público de pensións. A concentración convócaa Modepen (Movemento en Defensa das Pensións Públicas) da Coruña.

CGT-A Coruña


A CGT da Coruña considérase convocada e quere amosar o seu apoio a esta concentración, facendo un chamamento ao pobo traballador para que se sume e amose o seu rexeitamento ás intencións da Unión Europea de continuar afondando no saqueo e na privatización dos plans de pensións. Para a CGT, somente coa mobilización continua, con acción directa sen intermediarios, poderemos facer fronte a esta nova agresión capitalista.

Para a CGT, o enfrontamento cos agresores pasa por obviar o espellismo electoralista e continuar na mobilización e na loita, independentemente dos calendarios políticos que todo o remexen e todo o enturban.

Goberne quen goberne, as pensións deféndense!

Contra a explotación e o saqueo, solidariedade e loita!

Comité Local da CGT da Coruña

air max 90 essential mens

Comentarios

Los comentarios anónimos están moderados, por lo que no se garantiza su publicación, sólo los usuarios registrados podrán comentar sin moderación.
La redacción del Rojo y Negro no se hace responsable de los comentarios vertidos, al tiempo que se reserva la eliminación de los comentarios de carácter sexista, racista, autoritario, o arbitrariamente insultantes hace personas concretas, así como el bloqueo del usuario que de forma reiterada no respete estos límites.

Enviar un comentario nuevo

El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta se hace para comprobar que es usted una persona real e impedir el envío automatizado de mensajes basura.
CAPTCHA de imagen
Enter the characters shown in the image.