
Desde a CGT queremos denunciar as numerosas incidencias creadas no reparto postal durante este periodo estival.
Estamos a recibir numerosas queixas desde unidades de todo o territorio Galego desde o persoal que non son quen de repartir diariamente a correspondencia recibida, o que afecta negativamente ao dereito da cidadanía de recibir o correo diariamente.
O persoal, por medio dos/as seus/súas representantes sindicais fai responsable disto á falta de previsión da dirección.
A CGT indica que as problemáticas veñen dadas por dous motivos:
Por unha banda no mes de outubro de 2017 Correos convocou un proceso para crear unhas bolsas de contratación eventual. Ese proceso, moi criticado pola CGT polo seu retraso e polas súas irregularidades, deixou fora a centos de persoas que contaban cunha grande experiencia no traballo postal, valorando os méritos das devanditas bolsas dunha maneira totalmente cuestionable como, por exemplo, igualando a puntuaciuó dun cursos de "excel" de unhas horas a varios anos de experiencia no reparto.
Este feito fixo que numerosas persoas con experiencia quedaran sen a posibilidade de acceso ao traballo postal.
Por outra banda encontrámonos coa falta de contratación de Correos, que pretende levar a cabo o servizo –nos meses estivais- cun número de persoal a todas luces insuficiente que ronda o 40% menos do plantel oficial habitual. Correos indica, ademais, ao persoal de reparto que leven a maoriores outras zonas non habituais, o que chamamos "recargo", feito que dificulta e entorpece o traballo e fai que sexa frecuente que queden zonas sen repartir.
A CGT quere denunciar publicamente que estes feitos levan inexorablemente a unha diminución intolerable da calidade no servizo postal, e esixen a Correos:
A substitución inmediata de todas as persoas que se encontran de vacacións
A ampliación das bolsas de contratación, recuperando a todas as persoas con experiencia no traballo postal
Todo o anterior baseado na querencia do noso sindicato CGT de velar polo estricto cumprimento do dereito a ter un servizo postal público de calidade
Sindicato Provincial de Correos de A Coruña
Confederación Xeral do Traballo
Comentarios
Los comentarios anónimos están moderados, por lo que no se garantiza su publicación, sólo los usuarios registrados podrán comentar sin moderación.
La redacción del Rojo y Negro no se hace responsable de los comentarios vertidos, al tiempo que se reserva la eliminación de los comentarios de carácter sexista, racista, autoritario, o arbitrariamente insultantes hace personas concretas, así como el bloqueo del usuario que de forma reiterada no respete estos límites.
Enviar un comentario nuevo