Skip to Navigation

Alfageme: la lucha continúa

 

Coincidindo cunha vista xudicial no Xulgado do Mercantil nº 3 de Vigo, anunciada para mañán, 2 de novembro, ás 9,30h, á que están citados os principais axentes do Concurso de acreedores de Alfageme – Xuíz, administración concursal, propietarios de Alfageme, entidades bancarias acreedoras e Xunta de Galicia -, pero non os traballadores da conserveira, a CGT de Arousa ten convocado unha concentración na explanada dos xulgados da rúa Lalín en Vigo, o mesmo día e hora que os responsables, directos ou indirectos, desta desfeita se reunirán nun despacho, uns poucos metros por enriba. Reproducimos o escrito que a CGT vai repartir na concentración.

CGT- Arousa


UNHA XUSTIZA TARDÍA E LENTA,
NON SÓ NON É XUSTIZA SENÓN QUE PERPETÚA A INXUSTIZA

UNHA XUSTIZA TARDÍA E LENTA,
NON SÓ NON É XUSTIZA SENÓN QUE PERPETÚA A INXUSTIZA

ALFAGEME, SOLUCIÓN XA!

A historia dos cinco últimos anos na empresa Alfageme é tanto a historia dunha monumental fraude social, coma a da loita incansable das traballadoras de Arousa e da CGT en defensa dos seus postos de traballo e da continuidade da actividade industrial conserveira na bisbarra.

A fraude foi urdida polos últimos propietarios de Alfageme, a inmobiliaria Promalar, que pretendía pechar as catro factorías da conserveira (Vigo, O Grove, Ribadumia e Vilaxoán) para facerse cos extensos terreos das fábricas, sinaladamente cos de Vigo, e, unha vez despoxados de toda actividade industrial, destinalos á construción masiva de pisos. A esta fraude social prestou o seu apoio político e económico a Xunta de Galicia e deseguida colaboraron con el múltiples actores, cada un tratando de sacar a súa peculiar tallada nun negocio de decenas de millóns de euros.

Malia todo o sufrido e grazas á intensa mobilización levada a cabo, en abril deste ano, a CGT e as traballadoras de Arousa chegamos a confiar en que por fin e en breve prazo poderiamos descansar na nosa loita e volver ao traballo. A finais dese mes remataba a fase de Convenio do Concurso de Acredores de Alfageme e, polo tanto, comezaría de inmediato a fase de Liquidación. Ao mesmo tempo, dábase a coñecer o interese do grupo conserveiro Consorcio, por adquirir Alfageme para reiniciar a actividade conserveira nas fábricas de Vilaxoán e Ribadumia, incorporando o cadro de persoal ao completo e respectando todos os seus dereitos laborais: modalidade de contrato, antigüidade, categorías.

Foi a CGT quen, despois dunha enérxica movilización e contra do pactado pola Consellería de Economía da Xunta, CIG e CC OO, logrou este acordo co grupo Consorcio para que aceptase incluir no seu proxecto a toda a plantilla de Alfageme, con todos os seus dereitos. Dito acordo -ó que máis tarde, se sumaron CIG e COO- incorporouse, por presión da CGT, á documentación xudicial do Concurso de Acreedores, baixo a fórmula de condicións mínimas que tería que contemplar calquera oferta que quixera intentar a compra de Alfageme.

Non obstante, todo se frustrou no último momento do modo máis ‘insospeitado’. A Administración Concursal, que debía presentar a principios de maio ante o Xulgado do Mercantil o Plan de Liquidación de Alfageme, introduciu sorpresivamente no devandito Plan de Liquidación unha cláusula (a ‘firmeza’ do auto que o aprobara, como condición previa para o seu inicio), cuxo cumprimento estrito, impide que a devandita Liquidación e, no seu caso, a compra polo Consorcio poida realizarse. Non menos sorpresivamente, o Xulgado do Mercantil resolveu o 24 de maio aprobar en “todos os seus termos” a proposta dos seus administradores concursais.

Este foi o asombroso procedemento grazas ao cal se concedeu aos recursos que está a interpoñer a familia Lago contra as decisións do Xulgado do Mercantil, a potestade de paralizar a Liquidación do que aínda é, formalmente, seu.

E nesas estamos dende maio e ata hoxe. A familia Lago interpoñendo recurso tras recurso, os administradores concursais e os xuíces sen présa nin angustia, as entidades bancarias como o voitre grallando para que morra canto antes a vítima, as traballadoras na rúa, a gran maioría delas xa rematada ou a punto de rematar a prestación por desemprego, as fábricas podrecéndose, o grupo o Consorcio valorando a posibilidade de abandonar o proxecto, as antigas e prestixiosas marcas de Alfageme perdendo todo o seu valor, etc.

Nestas circunstancias, a CGT, esixe á Xunta (avalista económico e político e, en consecuencia, tamén responsable de todo este desastre) e require ás administracións concursal e xudicial, do Xulgado Mercantil e da Audiencia Provincial e ás entidades financeiras implicadas, que se proceda coa máxima urxencia á fase de liquidación do concurso de acredores de Alfageme.

Para a CGT é inaceptable que se conceda aos recursos que está a interpoñer a familia Lago, seguramente en fraude e abuso de lei, a potestade de paralizar, boicotear e dilatar durante meses ou anos, ata o facer imposible, o reinicio da actividade conserveira en Arousa.

Unha xustiza tardía e discrecionalmente lenta, non só non é xustiza senón que, en moitos casos, como o actual, impide a solución dos problemas, polo que A CGT pide ao Xulgado do Mercantil n.º 3 de Vigo e á Audiencia Provincial de Pontevedra, con absoluto respecto á independencia xudicial, que actúe coa celeridade necesaria e impida que, en nome de non sabemos qué, se vulneren os dereitos de centos de persoas ao traballo e a unha vida digna.

Pola continuidade da actividade industrial en Alfageme e a defensa dos postos de traballo!
Contra o paro, a precariedade e a exclusión social!
Pola dignidade da clase traballadora fronte á especulación!

Alfageme, solución xa!

CGT- Arousa

Air Jordan 11 WMNS

Comentarios

Los comentarios anónimos están moderados, por lo que no se garantiza su publicación, sólo los usuarios registrados podrán comentar sin moderación.
La redacción del Rojo y Negro no se hace responsable de los comentarios vertidos, al tiempo que se reserva la eliminación de los comentarios de carácter sexista, racista, autoritario, o arbitrariamente insultantes hace personas concretas, así como el bloqueo del usuario que de forma reiterada no respete estos límites.

Enviar un comentario nuevo

El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta se hace para comprobar que es usted una persona real e impedir el envío automatizado de mensajes basura.
CAPTCHA de imagen
Enter the characters shown in the image.